A educación popular, unha ollada dende Arxentina

Pañuelos en rebeldía comparte connosco estes artigos de Claudia Korol sobre Educación popular para ir introducíndonos no debate da vindeira xornada…

Pañuelos en Rebeldía – Claudia Korol – La Educación Popular en clave de debate

Pañuelos en Rebeldía – Claudia Korol – La educación popular_ navegación de cabotaje y andanzas de ultramar

Pañuelos en Rebeldía – Claudia Korol – Paulo Freire en el cruce de caminos

Lonxe e perto, experiencias educativas na defensa do territorio

O vindeiro 16 de maio contaremos coa participación de movementos e colectivos que desenvolven praxes e pedagoxías vinculadas ao territorio e a súa defensa.
Pañuelos en Rebeldía Bos Aires – Arxentina
DESMI Chiapas – México
Algunhas recomendacións para ir introducindo esta xornada..
– dende Chiapas, Daniel Inclán e a Pedagoxía dos Coidados (a partir min. 26)

A comunidade e o feito educativo, aliadas no desenvolvemento de O Viso.

Na vindeira xornada do Xanela aberta achegarémonos ao Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso en Ourense.

o visoOs próximos 9 e 10 de maio teremos a oportunidade de conhecer a súa historia, o seu labor e as dificultades e esperanzas que alberga unha iniciativa que resiste no sostemento da vida, da comunidade e do territorio. Así, continuaremos fiando reflexións en torno á organización social, a educación e a defensa do territorio para seguir camiñando cara unha Pedagoxía da terra na Galiza.

Botádelle un ollo!

Blogue do CDR O Viso

24 de abril remata o prazo de inscrición

Anímaste a formar parte desta experiencia?

Ata o venres 24 de abril estará aberta a posibilidade de inscribirse no programa Xanela Aberta deste ano que xa inicia camiño este mesmo sábado 25 de abril en Compostela cunha xornada completa onde compartir e xerar coñecemento de xeito colectivo contando coa colaboración de colectivos e persoas que aportarán o seu saber e experiencia concreta en torno á educación e o territorio na Galiza.

O punto de partida desta nova edición do Xanela Aberta xirará en torno aos xeitos en que a creamos comunidade nos lugares que vivimos, reflexionando sobre as posibilidades educativas que nos ofrecen. Un programa educativo para ese outro mundo posíbel que este ano pretende ser espazo de encontro para a reflexión e aprendizaxe en torno á Educación e o Territorio, onde coñecer experiencias locais e globais ao redor da Pedagoxía da terra.

Para isto, desenvolverase un proceso participativo onde as persoas participantes compartirán espazos de discusión con organizacións e movementos sociais da Galiza, para a construción de coñecemento en torno aos seguintes eixos temáticos:

1. Organización social e territorio
2. Problemáticas territoriais na Galiza
3. Organización social e defensa do territorio
4. Pedagoxía e activismo social pola defensa do territorio

– Coñeceremos a experiencia socioeducativa do Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso (Lodoselo, Ourense) e do CPI de Virxe da Cela (Monfero, Coruña).

– Contaremos coa participación de persoas vinculadas a movementos e organizacións internacionais que aportarán coñecemento en torno á Pedagoxía da Terra noutros territorios e comunidades.

Finalmente, as persoas participantes en todas as xornadas terán a posibilidade de viaxar ao Brasil co Movimento Sem Terra para coñecer directamente a loita polo dereito á terra, onde a defensa e o coidado da mesma articúlanse no labor educativo que desenvolven a nivel institucional e comunitario.