Xornada I

É necesaria unha Pedagoxía da terra na Galiza?

Ideas recollidas sobre Problemáticas territoriais:

É necesario que oDSCN0128 sistema educativo adquira un compromiso coas problemáticas territoriais?
Eivas no proceso educativo para adquirir ese compromiso coas problemáticas territoriais?

A linguaxe configura o pensamento –> adoptamos a linguaxe do opresor: “inimigos do progreso”/ “progreso”/ “minaría sen ánimo de lucro”/ “crecemento sostible”/ “minaría sostible”/ “anarquistas”/ “poñer en valor”.

Medios de comunicación como ferramenta do poder para influír na construción de discurso e a linguaxe.

Posibilidade crítica e reflexión sobre incidencia dos medios de comunicación –> construción colectiva (outras linguaxes, discursos) –> redes de contrainformación.

Incidencia deste cuarto poder –> desinterese da xente nova/ perversión do discurso revolucionario/ “zombización” social.

Blindaxe do sistema a través de leis e a promulgación de modelos educativos –> sistema caníbal fronte ao cal o sistema educativo é impotente/ falta de cuestionamento.

Fronte ao apego que pode xerar coñecer o territorio, promóvese o desvencellamento da terra desde o sistema educativo. Novas tecnoloxías como medio para achegarse.

Alternativas á opresión: estar dispostas a molestar, a expoñer o bon vivir. Existen outros xeitos, fendas onde atacar, revolución constante.

Ideas recollidas sobre Organización social e defensa do territorio

DSCN0129Indagar sobre a consciencia que temos ou que nos falta sobre a labor pedagóxica no activismo social.
Pensas que os colectivos sociais na defensa do territorio fan unha labor pedagóxica?
O discurso neoliberal dificulta o alcance ou amplitude da intervención de grupos independentes/ minoritarios. Organizacións sociais subvencionadas, isto dificulta o desenvolvemento de prácticas máis vencelladas a unha pedagoxía social. Pasividade das “organizacións institucionalizadas” ante propostas de loita na defensa do territorio–> problema político.

En positivo: a existencia en Galiza de moitas pequenas loitas pola existencia de vínculos directos co rural aínda que se leve unha vida urbana. “Apego á aldea familiar”.

Necesidade urxente dunha pedagoxía da acción dentro dos propios colectivos (colectivos compartimentados). Aínda queda por abarcar e chegar a máis xente. Existencia de microconflictos que deben enredarse. Intentos na Galiza de coordinar as loitas –> creación de redes colaborativas e de apoio. Conséguense cousas que mudan as dinámicas sociais… “créase músculo social”.

Pedagoxía da acción dentro de macroproxectos? Ou pedagoxía da acción por sí mesma?

Interesante facer reflexión sobre o que e para que da acción pedagóxica –> pedagoxía da social/ da acción en cuestións ligadas á realidade da xente.

No proceso de construcción/ evolución dos colectivos constrúese (ou non) a pedagoxía da acción.

Como dar continuidade aos procesos da pedagoxía da acción?

Virtualidade da/na participación? –> Efecto desmovilizador?/ Desideoloxización da sociedade <– sistema capitalista–> Desmobilización.

Dinámicas de acción/ intervención á hora de chegar ás persoas, tramposas. Necesidade, interese, de facer accións directas sobre obxectivos concretos, como reclamo.

Intencionalidade nos procesos. Falta atopar, buscar procesos de transformación na acción pedagóxica e fundamentalmente, unha acción planificada consciente e estratéxica –> Necesidade de implementar procesos de reflexión, dar o salto a procesos participativos reais. Importancia: colectivos deixen de ver cara adentro, esforzarse en establecer unha acción dialóxica.

Accións fortes onde hai que introducir emocións ligadas a accións concretas –> apelamos ás emocións? Emocións e ideoloxía?

Individualismo –> Tendencia social implacable –> nas antípodas da defensa do territorio. Só será posible mudar a tendencia social dominante cando as “sete pragas aparezan sobre a nosa cabeza”.

Sinálase a postura dalgunhas poboacións indíxenas de América Latina con respecto aos liderados, aos que ven perniciosos. En grupos pequenos é fácil non ter liderados –> en grupos grandes dinámicas diferentes (Ex. Anarquismo nos anos 30), hai cargos (responsables) –> Necesidade/ desafíos a nivel educativo: interese de desenvolver educación asamblearia/ cambio de mentalidade/ tempos.

 

Sementando ideas de cambio…

Somos parte da terra. Como tal queremos recuperar as relacións humanas que son parte do territorio. Como seres humanos decidimos organizarnos e elaborar unha creación colectiva..

Cambio de paradigma.  Arredor do lume coas mans en círculo. Non poñerlle cousas á terra, que a terra poña cousas sobre nós. Conexión coa terra para escoitar e deixar de falar. Reconexión para volver a ligarnos ao comunitario… 

DSCN0154 DSCN0164

Anúncios